(Vídeos) Persecución de película en Ordes con oito coches danados e catro axentes feridos

O home, baixo a influencia das drogas, conduciu sen neumáticos polas rúas deste concello.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Un home de 40 anos que conducía baixo os efectos de sustancias psicotrópicas foi detido tras unha persecución case de película na que chocou con catro coches da Garda Civil e un da Policía Local de Ordes e que se saldou con catro axentes da Benemérita feridos leves.

Así o informou o Instituto Armado, que relatou que sobre as 21,30 horas do martes día 26 de xaneiro un vehículo, tras observar a presenza policial, "emprendeu a fuxida a gran velocidade".

O turismo, da marca Audi e modelo A-6 de cor negra, emprendeu a fuxida pola localidade de Ordes e fixo caso omiso aos sinais de alto. Continuou polos termos municipais de Ordes e Oroso e chegou a embestir a catro vehículos da Garda Civil, un da Policía Local de Ordes e tres coches particulares.

As mesmas fontes puntualizaron que no marco do operativo resultaron lesionados catro compoñentes da Garda Civil de "carácter leve", puntualizou a Benemérita. Pola súa banda, o condutor de 40 anos de idade foi detido como presunto autor dos delitos de atentado a axentes da autoridade, así como dous delitos contra a seguridade colectiva por conducir de forma temeraria e baixo os efectos de sustancias psicotrópicas.

Así quedou o coche tras a detención dun individuo por dondución temeraria en Ordes
Así quedou o coche tras a detención dun individuo por dondución temeraria en Ordes | Fonte: twitter

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta