Outra cifra de récord: a Xunta informa de 30 mortos pola covid

Os falecidos, como aconteceu onte, son de distintos días. Nos últimos dous días foron comunicados 59 falecidos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2021 | Actualizada ás 21:41

Comparte esta noticia

Os falecidos por covid en Galicia non paren de crecer e de marcar tristes récords tal e como confirma o último balance dado a coñecer polo Sergas que anuncia o falecemento de 30 persoas nos últimos días, a segunda cifra máis alta desde que comezou a pandemia, tras superar os 29 notificados este mércores. En total, desde que comezou a pandemia son 1.718 os falecidos en Galicia.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

"Estes falecementos non son todos de hoxe, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por covid", apunta o Sergas que leva varios días informando de mortos en xornadas diferentes e non nas 24 últimas horas como acostumaba a facer durante os días da semana. 

Así, nesta nova relación hai incluídas persoas que faleceron os días 18, 19, 20 24, 26, 27 e 28 de xaneiro. Seis deles son usuarios de residencias. A provincia máis afectada volve ser, novamente, a da Coruña, con 16 mortos nas áreas de Santiago, Ferrol e A coruña.

A seguinte provincia é a de Ourense, con sete mortos nas áreas sanitarias de Ourense e de Verín. Na de Lugo, o Sergas comunicou cinco falecidos, na área da Mariña e de Lugo. A menos afectada, desta volta, é a de Pontevedra, con só dous mortos, un no Chuvi e outro na residencia Paz y Bien de Tui. 

Esta é a lista de falecidos. 

Día 18 de xaneiro:

Muller de 91 anos na Residencia Paz y Bien de Tui.

Día 19:

Home de 71 anos, no seu domicilio de Cartelle (Ourense).

Día 20:

Muller de 91 anos, na Residencia Asilo San Sebastián y San Lázaro de Ribadeo (Lugo).

Dia 24:

Home de 94 anos, no Chuac.

Día 26:

Muller de 74 anos, no Hospital Quirón da Coruña.

Home de 84 anos, no seu domicilio de Ribadeo (Lugo).

Muller de 90 anos, no Chus.

Día 27:

Home de 64 anos, no Chuac.

Muller de 90 anos, no Chus.

Home de 86 anos, no Chus.

Muller de 88 anos, no Chuvi. 

Home de 87 anos, no Chuf.

Home de 79 anos, no Chuac.

Muller de 99 anos, no Chuac.

Home de 81 anos, no Chuf.

Home de 75 anos, no Hula.

Dia 28:

Home de 87 anos, no Cegadi (Santiago). Procedía da Residencia San Simón de Cacheiras.

Muller de 89 anos, no Chuo.

Home de 58 anos, no Chuo.

Home de 90 anos, no Hospital da Mariña (Burela).

Home de 66 anos, no Hula.

Muller de 76 anos, no Chuf.

Muller de 80 anos, na Residencia DomusVi de Carballo.

Home de 65 anos, no Chuac.

Home de 88 anos, no Chuo.

Home de 81 anos, no Chuac.

Home de 88 anos, no Hospital de Verín. Procedía da Residencia Santa María de Verín (Ourense).

Muller de 94 anos, no Chuo. Procedía da Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos (Ourense).

Home de 93 anos, no Chuac.

Muller de 91 anos, no Chuo.

Todos eles tiñan patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta