A Coruña acumula o maior número de mortos pola covid nos últimos días

Nove dos 14 falecidos comunicados este domingo eran desta provincia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/02/2021 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

A Coruña segue acumulando o maior número de mortos nesta terceira onda da pandemia. Das 14 vítimas comunicadas este domingo polo Sergas, nove eran desta provincia e faleceron no CHUS, no CHUF, no hospital e nunha residencia da Coruña.

Un traballador sanitario totalmente protexido acode nunha ambulancia á residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido acode nunha ambulancia á residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo.. Carlos Castro - Europa Press

E foi no Chuf de Ferrol onde máis vítimas se rexistraron esta fin de semana, catro o sábado; tres homes de 76, 70, e 96 anos e unha muller de 70. Tamén morreron dous homes de 86 e 74 no Hospital Comarcal do Salnés e unha muller de 71 o día 29 e outro home de 87 o día 30 no Chus de Santiago.

Por outra banda, o Sergas informou dunha muller de 89 anos falecida no CHUVI o venres 29, e dun home de 83 anos no Hospital Comarcal da Mariña o día 30. Tamén este día faleceu unha muller de 87 anos no CHUO e un home de 92 no CHOP. O día 31, outro home de 91 anos tamén no CHUO. Todos eles tiñan patoloxías previas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta