O fracaso das negociacións coa Xunta obriga a deputacións e concellos a xestionar por separado as axudas á hostalaría

Comprométense a pór un 1% dos seus orzamentos ao servizo deste sector para paliar a crise pola pandemia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/02/2021 | Actualizada ás 15:47

Comparte esta noticia

Deputacións e concellos xestionarán por separado as axudas que destine cada unha destas administracións a tratar de paliar o efecto da crise da covid-19 na hostalaría, despois de fracasar o intento de configurar un fondo común coa Xunta.

Manifestación de hostaleiros que percorre as rúas de Santiago ata a Xunta para reclamar o rescate do sector
Manifestación de hostaleiros que percorre as rúas de Santiago ata a Xunta para reclamar o rescate do sector | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Ao romper as negociacións co Goberno galego, o venres pasado, algunhas partes expuxeron a posibilidade de que existisen "dous fondos", un, o da administración autonómica (con 75 millóns), e outro, o do "municipalismo", en palabras do vicepresidente do organismo provincial da Coruña, Xosé Regueira.

Por parte do municipalismo, nos encontros da semana pasada, as deputacións comprometéronse a pór un 1% dos seus orzamentos (uns 5,5 millóns entre as catro) e polo menos os grandes concellos galegos tamén (ao redor de 9,4 millóns).

Nesta liña, o presidente da Fegamp, Alberto Varela, un dos principais partidarios de que fosen os concellos e non a Xunta os que xestionasen estes recursos (motivo que precipitou o fracaso do plan común), falou da posibilidade de que continuasen as conversas.

Con todo, este luns, fontes da Fegamp sinalaron que as axudas as dará cada concello "pola súa conta".

Igualmente, fontes da Deputación coruñesa sinalaron que non tería "moito sentido" un fondo común "sen a participación da Xunta", ante o que reivindicaron o programa existente na institución en busca da reactivación da economía da provincia.

De feito, defenden que este programa "é un fondo común do municipalismo a nivel provincial, xa que a Deputación pon o 80% (10 millóns) e os concellos o 20% (2,5 millóns)". "No caso das cidades, os fondos da Deputación súmanse tamén aos plans destas, como o Presco de Coruña ou o PAME de Ferrol. As axudas tramítanas e adxudican os concellos", explican.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta