Lamentable espectáculo de Tele 5 e La Sexta

Tal como agoirabamos, as cadeas privadas estatais transformaron onte a desgraza de Angrois, que esqueceran o mércores, en lamentable espectáculo televisivo de fin de semana. Todo pola audiencia! Nin sequera as intervencións tan atinadas de Antón Losada e Xaime López no «Gran debate» evitaron o desacougo que me produciu o enfoque grandilocuente do programa de Tele 5, cadea á que desta volta La Sexta superou en oportunismo co seu «La Noche de La Sexta». Abafado, optei por apagar e coller o ipad para botarme a ler.

Por Manuel Bragado | Vigo | 29/07/2013

Comparte esta noticia
Non é pequena a lección aprendida nesta traxedia de Angrois sobre a importancia para a sociedade galega de contar cuns medios de comunicación públicos profesionais propios. Medios capaces de ofrecer unha información rigorosa e veraz, así como unha opinión independente e plural. Medios, ademais do papel que cumpren na promoción e fomento da lingua e cultura galegas, necesarios para manter a cohesión cívica e a dignidade que merecemos como país.
 
Grazas de corazón aos profesionais da TVG e da Radio Galega por realizar unha cobertura informativa tan digna e intensa como a que manteñen desde o momento no que anunciaron o terrible accidente. A TVG, a Radio Galega e a súa canle de internet amosaron estes días que son medios de comunicación imprescindibles para Galicia. Convirá non esquecelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA