Parques co selo de seguridade da UE

O edil socialista de Pontevedra, Iván Puentes, pon en marcha o seu plan para que tódolos parques infantís cumpran coa normativa europea en materia de seguridade.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/02/2021 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra porá en marcha nos vindeiros días os traballos de renovación integral do parque infantil da Praza 8 de Marzo.  Un parque que pretende cumplir todos os estándares de seguridade da UE.

Parque infantil e área de xogos da Praza 8 de Marzo, en Pontevedra
Parque infantil e área de xogos da Praza 8 de Marzo, en Pontevedra | Fonte: Concello de Pontevedra

De feito, esta reforma, ao igual que a que se está a realizar no parque infantil da Praza de Europa, en Monte Porreiro, e das que se van levar a cabo a partir de agora no resto das zonas de xogo da cidade, estarán baseadas nos informes elaborados pola auditora STO para comprobar os niveis de seguridade e corrixir aqueles elementos ou factores que poidan supoñer un risco para integridade dos cativos.

“As inspeccións e medicións técnicas pretenden acadar os máximos estándares de calidade e seguridade e desenvolveranse progresivamente en tódalas áreas de lecer infantil de Pontevedra, testando xogos, peches perimetrais, bancos, fontes de auga, papeleiras e mobiliario en xeral. O obxectivo é certificalos ano a ano”, destaca o edil socialista Iván Puentes.

O principal obxectivo é a evitar ao máximo que se produzan accidentes como atrapamentos de cabeza e pescozo en buratos do mobiliario e elementos de Xogo, contusións ou feridas por caídas ou aprisionamentos de dedos nas cadeas dos bambáns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta