Buscando a orixe de 2.300 galegos que viven no estranxeiro

A maioría das solicitudes dos emigrantes no estranxeiro proceden de Cuba, seguidos de países como Arxentina, Estados Unidos e Brasil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Emigración facilitou, en colaboración co cinco dioceses galegas, información sobre a súa orixe familiar a 2.300 galegos no exterior.

Así, achegouse información relativa a partidas de nacementos, bautizos, matrimonios e defuncións. A Xunta ten un convenio coas dióceseis para este apoio a emigrantes e os seus descendentes. A maioría das solicitudes dos emigrantes no estranxeiro proceden de Cuba, seguidos de países como Arxentina, Estados Unidos e Brasil.

"É certo que houbo anos de moitas máis solicitudes, pero seguimos tendo, como se desprende da cifra de 2020, unha importante demanda de información sobre as orixes e antepasados dos nosos galegos do exterior", explica o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

"Moitos deles queren saber se aínda quedan familiares en Galicia, e en moitos casos, necesitan esa información para poder realizar diversos trámites nos seus países e comunidades autónomas de residencia. Nós, desde a Secretaría Xeral, tramitamos todas as solicitudes que nos chegan a través directamente das nosas oficinas ou a través das nosas redes en liña", apunta.

Exposición 'O soño cubano da emigración galega'.. CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Exposición 'O soño cubano da emigración galega'.. CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta