Convocados os premios de innovación en dinamización lingüística da Xunta para a edición 2020-2021

A participación está aberta, desde este martes, día 9, ata ao próximo 10 de marzo, a través da sede electrónica da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia convoca os premios escolares de innovación educativa en dinamización lingüística 2020-2021, a través da publicación dunha resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Segundo informa, mediante a mesma convócase a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública durante o curso académico 2020/2021 e establecen as bases reguladoras para realizalos, accesible desde o Portal da Lingua Galega e o Portal Educativo.

A participación está aberta, desde este martes, día 9, ata ao próximo 10 de marzo, a través da sede electrónica da Xunta. O texto da convocatoria lembra que os centros públicos admitidos no programa 'Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística' do 'Plan Proxecta' teñen o deber de participar na iniciativa.

Ao amparo desta iniciativa, seleccionaranse cinco proxectos que terán a consideración de excelentes e que recibirán a súa respectiva dotación económica de 2.000 euros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de 'Primeiro Premio de Innovación Educativa', cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

Nenos, alumnos, escolares, educación, escola, centro escolar.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Nenos, alumnos, escolares, educación, escola, centro escolar.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta