O comercio galego pide poder despedir despois dos ERTE

Está á espera de "ver como se reparten" os fondos europeos para a reconstrución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas, afirma que o sector está "a esperar a ver como se reparten os fondos europeos e o que lle toca" aos establecementos galegos destes recursos para facer fronte á crise da covid.

O empresario lucense destacou que o que chegue "teñen que ser solucións rápidas e de fácil acceso, porque se non, cando se dea resolto, a metade dos comercios desaparecerían". Sobre a necesidade dun rescate ao comercio, resaltou que "é vital e representa unha porcentaxe moi importante da economía galega e do emprego".

Por outra banda, Seijas insistiu en demandar ao Goberno central que os ERTE prescindan da cláusula pola que non se pode despedir ata seis meses despois de esgotada esta prestación. De feito, sinala a necesidade de "axudas directas para facer liquidacións e adaptar os persoais ao momento que se está vivindo".

Tamén volveu apremiar aos municipios a que non lles carguen os IBI aos comerciantes e exímaselles doutros impostos, ante a crise sanitaria, que está a provocar "importantes perdas" no sector. Neste sentido, urxe aos concellos a "que lle dean unha volta ao que son os impostos, ao que é IBI e outros impostos locais", e exímaselles do pago dos mesmos.

Oficina da Seguridade Social
Oficina da Seguridade Social | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta