Piden 7 anos de cárcere para un preso de Teixeiro por golpear a outro interno cunha barra de facer pesas

O xuízo terá lugar o vindeiro martes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o martes, día 23, o xuízo contra un interno do cárcere de Teixeiro acusado de agredir a outro preso cunha barra metálica do ximnasio, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Por estes feitos, ocorridos en 2016 e que cualifica como un delito de lesións, a Fiscalía solicita unha pena de sete anos de cárcere, no seu escrito de cualificación. Non pide, con todo, indemnización ao renunciar á mesma o agredido.

En concreto, o Ministerio Público sostén que, tras un enfrontamento verbal "e con intención de causar un menoscabo na súa integridade física" á vítima, o acusado "propinou" a esta "cunha barra metálica das utilizadas para facer exercicios con pesas, unha serie de golpes en todo o corpo". Isto provocoulle diversas feridas polo que foi asistido no propio centro penal nun primeiro momento, ademais de ter que ser ingresado nun hospital. Na súa solicitude de condena, o Ministerio Público ten en conta a agravante de reincidencia.

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta