Ferido un cazador tras disparárselle a escopeta no pé en Parada de Sil

Os efectivos de Protección Civil indicaron que a ferida parecía non ser grave.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2021 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Un home de 61 anos, veciño de Nogueira de Ramuín, que practicaba caza no municipio de Parada de Sil resultou ferido nun pé este domingo despois de que se lle disparase a súa propia escopeta por accidente. Segundo informan fontes oficiais, ocorreu sobre as 11,00 horas en Cordelle, no lugar de Chamoso, durante unha batida legal. Os primeiros en acudir ao momento, media hora despois, foron os membros de Protección Civil.

Estes efectivos deron a voz de alarma ao 112 para solicitar asistencia sanitaria para o home, aínda que indicaron que non parecía revestir gravidade. Con estes datos, os xestores da central de emerxencias pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias de Galicia. Mentres tanto, os membros de Protección Civil acompañaron ao cazador ata o campo de fútbol da localidade. Alí agardaba por el unha ambulancia para, posteriormente, trasladalo ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Cazador
Cazador | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Nhacanhaca

Nunca mellor dito o de "pegou un tiro no pé"