Nace a Plataforma do Feminismo Radical de Galicia

O 8 de marzo coa presentarán no Rexistro da institución do Defensor del Pueblo dunha petición de actuación, a través de promoción de catro Recursos de Amparo e un Recurso de Inconstitucionalidade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/02/2021 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Plataforma do Feminismo Radical de Galicia, así se chama a nova entidade que naceu o pasado venres, 19 de febreiro, como un espazo de encontro e organización do feminismo abolicionista que opera en Galicia e do que forman parte "máis de 200 feministas orfas de representatividade ou integrantes de grupos de acción local”.

Nun comunicado, destacan que as súas actividades, con motivo do Día da Muller Traballadora, culminarám o vindeiro día 8 de marzo coa presentación no Rexistro da institución do Defensor del Pueblo dunha petición de actuación, a través de promoción de catro Recursos de Amparo e un Recurso de Inconstitucionalidade contra unha escolma argumentada de vulneracións constitucionais.

Esta nova plataforma critica a "incursión de teorías acientíficas" nos ámbitos académico, político e administrativo porque di, "ameazan as exiguas conquistas do feminismo durante os últimos 300 anos" ante a "inacción, cando non expresa colaboración, de administracións, institucións públicas e representantes políticos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sela

Eu estou en Galegas8m e Tamborililas Compostela, e tnto Galegas8m como Tamborililas son colectivas declaradas publicamente a favor dos dereitos trans, polo que se engadides esta foto neste artigo cando menos aclarade ese detalle e non deixedes lugar a confusion.

1 8MdaGaliza

Na galiza xa temos unha plataforma de feminismo galego que non é transexluínte. O feminismo é de todas as mulleres e este movimento non é máis que las hordas de odio que están a nacer por parte dun sector que NON nos representa como feministas.