Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2021 | Actualizada ás 20:14
A Xunta prepara un estudo sobre o impacto da pandemia de covid-19 nas mulleres atendendo as consecuencias que provocou a crise sanitaria no plano laboral, económico e social da poboación feminina.
O informe, de elaboración propia, estará listo "nas próximas semanas" para a súa remisión ao Parlamento galego, onde, precisamente, efectuou este anuncio a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que compareceu na Cámara para responder a dúas interpelacións presentadas por BNG e PSdeG sobre o impacto da pandemia nas mulleres.
O estudo, que parte da recomendación da profesora María Bastida de que é necesario unha análise pormenorizada da situación actual da muller e as consecuencias da pandemia.
A OPOSICIÓN ADVIRTE DUN RETROCESO "HISTÓRICO"
Pola súa banda, os grupos da oposición advertiron da necesidade de repensar a acción gobernamental ante as consecuencias dun retroceso "sen precedentes" en materia de igualdade para as mulleres, como cren que supuxo a crise do covid-19.
Unha análise que compartiron tanto Olalla Rodil (BNG) como Noa Díaz (PSdeG), encargadas de formular as interpelacións durante o pleno da Cámara galega. A nacionalista apelou a que a Xunta articule novas formas de abordar a desigualdade porque "non vai bastar co sota, cabalo, rei".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.