Un estudo apunta a que a pandemia provoca un aumento do 10% da pobreza en Galicia

O país conta cun nivel medio de estrutural ocupacional en sectores esenciais, emprego do teletraballo e actividades pechadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A pandemia provoca un aumento do 10% da pobreza en Galicia, unha taxa lixeiramente inferior á media de incremento en España (+10,4%), segundo unha investigación realizada pola economista viguesa da Universidade Complutense de Madrid, Raquel Sebastián, xunto a Juan Gabriel Rodríguez (Universidade Complutense) e Juan César Palomino (Universidade de Oxford).

Neste artigo de investigación sobre o impacto da covid na desigualdade e pobreza, apúntase a que Baleares (+19,2%) e Canarias (+14,6%) sofren o maior incremento. No outro extremo, están Navarra (+8,2%) e Estremadura (+8,3%).

Segundo se apunta, Galicia conta cun nivel medio de estrutural ocupacional en sectores esenciais, emprego do teletraballo e actividades pechadas. Pola contra, as autonomías máis afectadas (Illas Baleares e Canarias) presentan unha esencialidade media-baixa e o maior nivel de peche, debido á súa alta especialización no sector turístico.

En canto á alza da desigualdade salarial, Galicia atópase no extremo baixo (+3,4%), con valores moi próximos ás comunidades con menor incremento: Navarra, Asturias e A Rioxa (2,3%; 2,7%; e 3%, respectivamente). Doutra banda, as illas son de novo as rexións máis afectadas.

Segundo este estudo, Galicia será "unha das comunidades autónomas que soportará mellor os efectos económicos da pandemia". "A súa non especialización nun só sector, principalmente o turismo, permite que esta rexión experimente un dos menores incrementos en desigualdade e pobreza en España", sinala.

Pobreza infantil.
Pobreza infantil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta