Ferido un home de 78 anos tras caer dun quinto piso cando tentaba entrar na súa vivenda pola xanela

Esquecera as chaves dentro da casa. Segundo os veciños, non era a primeira vez que realizaba tal manobra, posto que xa dispoñía dunha corda para tal fin.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

Un home de 78 anos resultou ferido de gravidade, con politraumatismos na cabeza e nas pernas, tras precipitarse desde un quinto piso no municipio de Marín (Pontevedra) ao tentar acceder á súa casa desde unha vivenda superior por esquecerse as chaves. Segundo informou a Policía Nacional, o suceso tivo lugar este mércores pola tarde na barriada da nosa Señora do Mar, en San Pedro, na localidade de Marín.

Este home, de iniciais E.C.D., deixou as chaves dentro de casa e trataba de acceder a ela a través da vivenda dunha veciña na planta superior. Na manobra, o home descolgouse pola xanela, pero escorregou e caeu ao baleiro.Os veciños auxiliaron nun primeiro momento ao ferido e alertaron ao 112. Segundo comentaron non era a primeira vez que este home, que vive só, recorría a esta perigosa manobra e xa dispuña dunha corda para tal fin.

Edificio. EUROPA PRESS - Arquivo
Edificio. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta