Pontón pide acompañar a desescalada con vacinación rápida e máis rastreadores

"Que se poñan todos os esforzos e coordinación para que o proceso de vacinación, unha vez que haxa vacinas suficientes, vaia da maneira máis rápida posible", di.

Por E.P. | VIGO | 26/02/2021 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que a evolución do proceso de desescalada progresiva en Galicia non é unha responsabilidade "unicamente individual", senón que "hai unha responsabilidade da Xunta", á que chamou a "garantir" un sistema de rastreos "eficaz" e un proceco de vacinación "o máis rápido posible".

Durante un acto celebrado en Vigo, Pontón remarcou que na desescalada é necesario "extremar as precaucións", aínda que esta "non é unha cuestión unicamente individual". "O número de rastreadores e como vaia a campaña de vacinación é unha responsabilidade que teñen os gobernos, que teñen que estar á altura", incidiu.

É por isto que pediu ao Goberno autonómico que "non desvíe as súas responsabilidades en torno ao proceso de desescalada" e que garanta que haxa un proceso de rastreos "no que non se cometan os erros que viñan repetindo durante as últimas desescaladas", así como que a vacinación se "desenvolva coa maior rapidez posible".

"Que se poñan todos os esforzos e coordinación para que o proceso de vacinación, unha vez que haxa vacinas suficientes, vaia da maneira máis rapida posible", subliñou. A colación diso reclamou que na vacinación non se dea "a improvisación" que se deu "non só ao longo destes últimos meses, senón tamén ao longo destas últimas semanas, por exemplo no proceso de vacinación do profesorado".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta