Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2021 | Actualizada ás 21:47
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, detallaron a máis dun centenar de municipios un sistema para que poidan repartir axudas de ata 1.000 euros por hostaleiro.
O obxectivo é conseguir unha maior axilidade. Para iso, a Administración autonómica tramitará os pagos --a través da súa plataforma de repartición-- para que os municipios pudan dar directamente as subvencións aos beneficiarios dos seus municipios.
Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, este sistema espertou o interese de concellos de "todas as cores políticas". Os municipios interesados deberán formalizar a súa adhesión ao convenio a partir do 23 de marzo. Estas axudas complementaranse ao denominado II Plan de Rescate, que pon en marcha a Xunta, e que leva recibidas máis de 32.000 peticións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.