O premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña para a promoción do galego terá tres categorías

A presentación de candidaturas será telemática, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL) e o prazo será ata o 31 de maio de 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2021 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña convocou a décimo segunda edición do Premio Rosalía de Castro de promoción da lingua galega, que nesta ocasión conta con tres modalidades, unha para persoas, outra para entidades e unha terceira para proxectos para poboación de menor idade.

Así, nesta ocasión, poderán presentar a súa candidatura as persoas que destaquen na promoción da lingua galega, con identidade propia e unhas características xenuínas para empregala en todos os ambientes e con todos os estratos sociais. Tamén poderán gañar o Premio Rosalía as entidades que destaquen na promoción e os proxectos de dinamización lingüística que realicen un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade e que atendan espazos emerxentes de uso da lingua co obxectivo de premiar a innovación e o futuro.

A presentación de candidaturas será telemática, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL) e o prazo será ata o 31 de maio de 2021.

González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta