O presidente galego di, agora, que sempre tivo "reservas" sobre a venda da planta de Alcoa na Coruña

"Sempre dixemos que a venda fora pechada en falso", manifesta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

"Sempre tivemos as nosas reservas". O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que nunca lle gustou a venda da planta de Alcoa na Coruña ao fondo de investimento Parter Capital e ao grupo industrial Riesgo. Unha declaración que fai agora --e non no momento da venda-- tras a interveción que a Policía de delitos económicos realizou este xoves na factoría.

Traballadores de Alu Ibérica Coruña reclaman intervención da factoría
Traballadores de Alu Ibérica Coruña reclaman intervención da factoría | Fonte: Cedida

A operación foi ordeada tras a denuncia do comité de empresa dirida contra as sociedades Alcoa Inespal, antiga propietaria das plantas da Coruña e Avilés, así como contra Parter Capital, as sociedades de Alu Ibérica en Galicia e Asturias e Víctor Domenech, como representante de grupo industrial Risco, o actual accionista maioritario. Nesta querela o sindicato denunciaba presuntos delitos de estafa agravada, insolvencia punible, apropiación indebida, contra a seguridade dos traballadores e pertenza a grupo criminal.

"Máximo respecto ao que digan os xuíces", dixo Feijóo ao ser preguntado por esta operación policial ao tempo que destacou que "Alu Ibérica no pode seguir como está". "Sempre dixemos que a venda fora pechada en falso", manifestou. "Mantemos todas as cautelas sobre esa venda e os fins da mesma e veremos en que consiste esta intervención policial", aclarou. 

Con todo, dixo que a "preocupación é grande". "Non nos gusta nada o que está pasando e non nos dá seguridade. Por iso é importante coñecer a información que poida recadar a policía", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta