O Sergas presume da súa "intensa actividade dixital": "xestionamos 370 citas cada minuto"

Destaca que o sistema de saúde galego produce 150 millóns de datos ao ano e 400.000 rexistros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2021 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, eloxiou este venres a "intensa actividade dixital" que leva a cabo o Servizo Galego de Saúde (Sergas), que xestiona 370 citas médicas e xera 600 receitas cada minuto.

Así o puxo de manifesto con motivo da súa participación este venres nunha xornada sobre impacto da intelixencia artificial no sector da saúde de EIT Health España, na que quixo ilustrar con datos a "intensa actividade dixital" para "facer máis comprensible", informou a Consellería de Sanidade nun comunicado.

Segundo detallou, cada minuto no Sergas xéranse 2.000 imaxes dixitais para o diagnóstico clínico, dispénsanse 600 receitas e xestiónanse 370 citas clínicas. E abundou que o sistema de saúde galego produce 150 millóns de datos ao ano e 400.000 rexistros.

Comesaña fixo fincapé en que, con este desenvolvemento dixital, na actualidade "é posible" a monitorización remota dun paciente que está no seu domicilio, a teleconsulta hospitalaria sen que o paciente teña que saír do ámbito da Atención Primaria ou a consulta telefónica.

O titular de Sanidade informou de que na actualidade a Consellería está inmersa no proceso de definición dunha plataforma para crear un sistema de vixilancia epidemiolóxica co emprego da intelixencia artificial. Esta plataforma, explicou Sanidade, servirá a curto prazo para "identificar posibles brotes da Covid-19" e, a medio e longo prazo, para identificar tamén outro tipo de enfermidades.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, participa por videoconferencia nunha reunión sobre o impacto da intelixencia artificial no sector da saúde.. CONCHI PAZ/XUNTA / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, participa por videoconferencia nunha reunión sobre o impacto da intelixencia artificial no sector da saúde.. CONCHI PAZ/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hai un ano vivíamos sen máscaras... lembrades como era o mundo antes da pandemía? Un ano despois a Sanidade é unha Gran Pantalla que segue engulindo orzamentos fabulosos pero os usuarios estamos lonxe de ser obxectivos prioritarios do SERGAS ! Agora somos Big Data e Intelixencia Artificial ! (Baixo Estado de Alarma Permanente!) Como dar un Golpe de Estado no século XXI Os libros de Historia serán escritos por algoritmos informáticos e nunca máis teremos acceso aos Arquivos da Memoria ! Onde está a Sanidade Pública en Galicia ? https://youtu.be/e85k0DfROJk