(Vídeo) As imaxes e os sons do 8M en Santiago de Compostela

Miles de mulleres saímos á rúa a demandar que a Administración poña no centro das accións sociais e económicas ao verdadeiramente importante: a vida. Por isto, esiximos que se lle dea o valor que merece o rol da muller nos coidados.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

Baixo o lema "SEN COIDADOS, NON HAI VIDA", miles de mulleres saíron ás rúas durante o Día da Muller acompañadas de diferentes asociacións feministas como Galegas 8M e sindicais como a Confederación Intersindical Galega (CIG) para demostrar que as mulleres non estamos soas e que, xuntas, somos máis fortes.

Manifestación feminista do 8M 2021
Manifestación feminista do 8M 2021

En concreto, en Santiago de Compostela, Galegas 8M convocouna ás 18:00 na Praza 8 de Marzo, de onde botamos a andar cara a Praza do Obradoiro, mantendo as distancias de seguridade debido á Covid-19. 

A andaina estivo marcada polos berros e as cantigas das mulleres que levaban o liderado da manifestación, remarcando que "o patriarcado vai caer" e que "o feminismo vai vencer". Ademais, ao chegar á Praza do Obradoiro, todas xuntas reivindicamos o rol da muller durante esta pandemia, que foi a maior responsable dos coidados.

Por isto, durante a concentracióin feminista, esixiuse á Administración que poña a vida no centro das actuacións sociais e económicas, valorando así o papel predominante da muller nos traballos de coidados.

Así, a sociedade feminista galega, que demanda a inclusión das mulleres trans no movemento feminista, empapou durante dúas horas todo Santiago de Compostela do máis puro ambiente feminista.

Manifestación feminista do 8M 2021
Manifestación feminista do 8M 2021

Manifestación feminista do 8M 2021
Manifestación feminista do 8M 2021
Manifestación feminista do 8M 2021
Manifestación feminista do 8M 2021
Manifestación feminista do 8M 2021
Manifestación feminista do 8M 2021
Manifestación feminista do 8M 2021
Manifestación feminista do 8M 2021
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta