Os novos xulgados do social de Vigo, A Coruña e Lugo entrarán en servizo o 31 de marzo

"Non foi posible que entrasen en funcionamento a finais do mes de decembro, porque a Xunta comunicou que ata o 31 de marzo non podía dispor dos medios necesarios" dixo o delegado do Goberno, Javier Losada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2021 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O tres novos xulgados do social de Vigo (número 7), A Coruña (número 7) e Lugo (número 4) entrarán en servizo o próximo 31 de marzo, segundo figura na orde do Ministerio de Xustiza que publica este sábado o Boletín Oficial do Estado (BOE).

Nun comunicado, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destaca que o Executivo central cumpre coa comunidade galega, tal e como anunciara o Ministerio. Por iso, agradece a boa disposición do ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, para reforzar a xustiza galega ante a acumulación de casos provocada pola pandemia.

O delegado do Goberno lembra que a creación dos novos xulgados foi decidida polo Ministerio de Xustiza en 2020, "pero non foi posible que entrasen en funcionamento a finais do mes de decembro, como era desexo do Ministerio, porque a Xunta comunicou que ata o 31 de marzo non podía dispor dos medios, materiais e humanos, necesarios para a súa entrada en funcionamento".

Javier Losada / Delegación do Goberno.  / Europa Press
Javier Losada / Delegación do Goberno. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Os novos xulgados seguirán o mesmo camiño dos que xa están COLAPSADOS ! Por moitos anuncios que se fagan o estancamento da Xustiza é algo "estructural" que interesa manter paralizada o maior tempo posible para evitar sentenzas condenatorias incómodas ao poder ! (eso que a meirande parte dos maxistrados xa levan anos arquivando causas) Onte o mesmo Villares (En Marea) falaba da Intelixencia Artificial para resolver os xuizos pendentes ! Nin fan política nin traballan nas Maxistraturas ! Todo on line e todo colapsado!