Temas: URBANISMO PXOM

Só a metade dos concellos galegos ten un plan de ordenación urbanística adaptado á lei vixente

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/03/2021 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

Case a metade dos concellos galegos xa teñen un plan de ordenación urbanístico adaptado á normativa vixente ou están a piques de conseguilo, segundo informou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na clausura da xornada 'Urbanismo responsable. Cinco anos da Lei do Solo'.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, clausura unhas xornadas sobre urbanismo e a Lei do Solo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, clausura unhas xornadas sobre urbanismo e a Lei do Solo | Fonte: Europa Press

Nela, reiterou que son 151 as entidades locais, un de cada dous concellos, os que contan cunha ferramenta de ordenación adaptada á lei vixente.

En concreto, detallou que son 108 os concellos que dispoñen dun plan xeral de ordenación municipal (PXOM) adaptado á lei e outros 25 atópanse coa tramitación "moi avanzada" ao contar coa memoria ambiental, o último trámite no que intervén a Xunta de Galicia antes da aprobación definitiva.

Esta lista péchase cos 18 concellos que traballan no seu Plan Básico Municipal (PBM), un instrumento que dota aos concellos de menos de 5.000 habitantes dunha ordenación urbanística básica.

A conselleira reivindicou, ademais, a Lei do Solo como unha "normativa clara e obxectiva, con maior seguridade xurídica", á vez que apelou á colaboración cos distintos profesionais para avanzar neste ámbito.

Por outra banda, lembrou que en 2009 eran 33 os concellos que contaban cun plan acorde á lei mentres que na actualidade son 151. Ese ano eran 77 os concellos sen ningún plan, fronte aos 19 actuais.

Temas: URBANISMO PXOM
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta