Temas: PALLEIRO CAN

A raza can de palleiro segue expandíndose

Esta raza autóctona aumentou un 92% o seu censo desde o ano 2017. Xa son 1.775 exemplares rexistrados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/03/2021 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

A raza canina autóctona can de palleiro aumentou un 92% o seu censo desde o ano 2017, cando se asinou o primeiro convenio entre a Xunta e o Club da Raza Can de Palleiro para promocionar esta especie propia de Galicia. Un acordo de colaboración que foi renovado ata 2024 tras recibir a autorización do Consello da Xunta na súa reunión deste xoves.

Cans de raza palleiro, autóctona de Galicia
Cans de raza palleiro, autóctona de Galicia | Fonte: Club da Raza Can de Palleiro.

No ano 2017 había censados en Galicia un total de 925 cans desta raza de pastoreo. Hoxe son 1.775 animais e 1.655 criadores de can de palleiro, asociada a Galicia desde o paleolítico e que comparte orixe co pastor belga, o alemán ou o holandés.

Para dar continuidade ao proceso de consolidación desta especie, Xunta e Club da Raza Can de Palleiro renovan o seu convenio de colaboración por 60.000 euros para o próximos catro anos divididos en 15.000 euros para cada exercicio.

Esta entidade é a única recoñecida para prestar apoio no programa de recuperación desta raz autóctona e a xestión do seu libro xenealóxico.

Baixo este convenio, o club continuará buscando animais que respondan o prototipo racial de can de palleiro para o seu rexistro, así como organizar cursos de formación de xuíces especialistas, que serán os encargados de valorar a inclusión no libro xenealóxico e determinar os animais aptos para reprodución.

Ademais, deberán facilitar información aos criadores sobre as cruces máis adecuados e supervisalos "sempre que sexa posible" en aras de que se dean os menores índices de consanguinidade posibles.

Temas: PALLEIRO CAN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta