Temas: PESCA UE BREXIT

Galicia reclama á UE "axilidade" na transferencia dos fondos de compensación polo 'Brexit'

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/03/2021 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Galicia reclamou "axilidade" a Bruxelas na transferencia dos fondos de compensación polo 'Brexit', co fin de mitigar as consecuencias económicas para o sector pesqueiro do territorio.

Encontro virtual no que participa Gamallo
Encontro virtual no que participa Gamallo | Fonte: Xunta.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no pleno do Comité Europeo das Rexións, no que se aprobaron diversos ditames.

Entre eles destacan o novo enfoque para a Estratexia Marítima Atlántica e o regulamento relativo á Reserva de Adaptación ao 'Brexit', aos que Galicia presentou diversas emendas.

A Xunta propuxo que se establezan novos criterios de repartición que dean cobertura para os efectos negativos directo e indirectos ocasionados en materia de pesca tras a saída do Reino Unido.

Así, propuxo que as rexións afectadas poidan dispor dunha porcentaxe dos fondos do 'BAR' unha vez sexan aprobados os citados criterios de repartición, para evitar que as propias administracións teñan que adiantar ese financiamento neste contexto de crise pola covid-19.

Temas: PESCA UE BREXIT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta