Temas: MORTE COVID-19

Catro novos mortos elevan a 2.325 as vítimas da pandemia en Galicia

Son dous falecidos en Vigo e dous en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/03/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou este martes de catro novos falecementos vinculados coa covid-19 na comunidade, co que a cifra total de vítimas mortais da pandemia ascende a 2.325.

En concreto, Sanidade notificou tres falecementos producidos este luns: o dun home de 79 anos ingresado no Hospital de Santiago e o dunha muller de 89 anos e un home de 86 ingresados en Vigo.

Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos
Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

A maiores, este martes produciuse a morte dunha muller de 58 anos que se atopaba ingresada no Complexo Hospitalario de Santiago.

Temas: MORTE COVID-19
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta