O alcalde de Abegondo confía en que se reduzan as restricións tras non detectarse positivos no cribado

O concello atópase no nivel alto de restricións.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/03/2021 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O alcalde de Abegondo (A Coruña), José Antonio Santiso, confiou en que a Xunta decrete unha baixada do nivel de restricións vixente no municipio tras non detectarse ningún caso positivo no cribado levado a cabo no mesmo.

Veciños de Abegondo asisten ao cribado realizado no municipio
Veciños de Abegondo asisten ao cribado realizado no municipio | Fonte: Concello de Abegondo.

Segundo lembraron fontes do Consistorio, o concello atópase no nivel alto de restricións, unha situación na que permanecerá tras a entrada en vigor das novas medidas, que terá lugar este luns.

Ademais, sinalaron que no cribado realizado durante este venres e este sábado con test de antíxenos a residentes no municipio de entre 18 e 65 anos non se detectou ningún caso positivo a pesar das "boas cifras de participación". Das 1.950 persoas convocadas, acudiron un total de 1.359, o que supón un 70% dos citados.

Así as cousas, o rexedor mostrou a súa esperanza de que estes resultados permitan rebaixar as restricións, que lembrou que implican en maior medida ao sector hostaleiro, "un dos máis afectados o inicio da pandemia".

Con todo, o alcalde de Abegondo incidiu en que esta situación non debe levar unha relaxación das medidas hixiénico-sanitarias de prevención, "que deberán cumprirse de modo estrito para evitar novos contagios".

En concreto, o nivel alto de restricións permite a apertura ata as 21,00 horas das terrazas da hostalaría cun aforamento do 50 por cento. As reunións poden ser de seis persoas non convivientes en exteriores, de ata catro en interiores de hostalaría (ou espazos de carácter público) e están prohibidas nos domicilios ou calquera espazo de carácter privado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta