Miñones, a aposta de Madrid en Galicia que descoloca a Gonzalo Caballero

O nomeamento do xa exalcalde de Ames José Manuel Miñones como novo delegado do Goberno en Galicia abre unha nova etapa no socialismo galego. Hai quen xo ve como o substituto de Gonzalo Caballero á fronte da Secretaría Xeral. Outros din que a súa función non está no partido, senón na Administración central.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 30/03/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

José Manuel Miñones, ex alcalde de Ames é xa o novo delegado do Goberno en Galicia. Un nomeamento no que tivo moito que ver o propio presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e que colleu por sorpresa a moitos dirixentes do PSdeG, incluído o propio Gonzalo Caballero.

O alcalde de Ames, José Miñones, tras o pleno extraordinario e urxente no que renunciou ao cargo, no Concello de Ames, A Coruña, Galicia (España), a 29 de marzo de 2021. Miñones presentou este luns a súa renuncia como rexedor de Ames. Se. César Arxina - Europa Press
O alcalde de Ames, José Miñones, tras o pleno extraordinario e urxente no que renunciou ao cargo, no Concello de Ames, A Coruña, Galicia (España), a 29 de marzo de 2021. Miñones presentou este luns a súa renuncia como rexedor de Ames. Se. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

E o certo é que a designación de Miñones chega nun momento no que o papel do líder socialista está moi cuestionado, tanto interna como externamente, e con boa parte do partido en Galicia conspirando abertamente contra el. Por iso, o gran poder que terá agora Miñones e a plataforma pública que supón para el ostentar un cargo tan importante como a Delegación do Goberno fixo saltar as dúbidas e as suspicacias na familia socialista. É Miñones o chamado a batallar con Gonzalo Caballero pola Secretaría Xeral do PSdeG no congreso de finais de ano?

Fontes consultadas por Galicia Confidencial coinciden en que non o ven nese papel de confrontación directa con Caballero, senon nun papel "mais intermedio". "O merlo branco será outro", apuntan. Hai quen ve ao propio Valentín González, o actual presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, como esa "carta oculta", aínda que outras fontes descartan esa posibilidade.

CRÍTICO CON GONZALO CABALLERO

Con todo, a ninguén no PSdeG se lle escapa que Miñones é un fiel aliado de Valentín González e crítico coa xestión de Caballero. De feito, e aínda que forma parte da executiva galega do PSdeG, desde as pasadas eleccións autonómicas --nas que os socialistas se situaron como terceira forza por detrás do Bloque-- foi unha das voces que se mostraron máis críticas cos resultados obtidos. A partir de entón a súa presencia nas executivas foi decaendo alegando sempre, curiosamente, que lle coincidían con plenos no Concello de Ames.

"Se Gonzalo o escolleu na súa Executiva é que xa lle vía potencial como posible rival", destaca un veterano militante. O que non contaba Caballero é que Miñones teña máis vía directa con Ferraz e Moncloa da que ten el como secretario xeral. E o certo é que a escalada do ex rexedor de Ames no partido é fulminante desde hai uns meses. Xa o pasado 15 de marzo o rexedor de Ames foi designado como único relator galego no Congreso Federal que o Partido Socialista celebrará o próximo 17 de outubro en Valencia, cita na que se encargará das áreas de Municipalismo e Medio Rural.

Quince días despois, Madrid volve confiar nel nun posto tan importante como a Delegación do Goberno. Unha designación que xa se interpreta en claves interna. "Ferraz xa lle deu dous toques grandes á dirección do partido en Galicia; primeiro a presencia de Miñones como relator e agora o da Delegación do Goberno... Está claro que non contan con Gonzalo", apuntan fontes consultadas. "Agora o que haberá que facer é buscar unha solución pactada ao futuro de Gonzalo", engaden.

Con todo, dirixentes próximos ao líder socialista aseguran que a súa intención segue sendo a mesma; presentarse á reelección. "Veña de arriba ou de abaixo o certo é que todos temos que someternos a unhas primarias e serán os militantes os que fagan a escolla", din apuntando que, polo momento, a intención de Caballero é a de batallar para continuar liderando o PSdeG.

A pesar de tensión aparente, tanto Caballero como Miñones quixeron este martes lanzar unha mensaxe de unidade tras unha comparecencia conxunta dos dous logo da toma de posesión do cargo do segundo.

E QUE OPINAN OS PESOS PESADOS?

O nomeamento de Miñones semellou non coller por sorpresa aos grandes dirixentes do PSdeG. A maioría deles destacaron o perfil do xa es rexedor de Ames e, sobre todo, a súa experiencia na administración local.  Semella que as principais familias socialistas apoian este nomeamento, entre elas, as da Coruña, Vigo e Lugo.

Así, o alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, mandoulle os seus "mellores desexos" e destacou que Miñones "vén cunha boa traxectoria, porque vén de ser alcalde". Neste sentido, remarcou que "lle gusta moito cando no currículo da xente da política" se inclúa unha etapa como alcalde ou concelleiro, porque a actividade política local é "da maior relevancia".

Unhas declaracións que algúns interpretan como un aviso a navegantes xa que Gonzalo Caballero non ten experiencia ningunha en xestión política. Con todo, e cuestionado acerca de se cre que este paso pode supor que Miñones teña maior relevancia no PSdeG, Caballero rexeitou entrar a valorar "temas de partido". "Xa é un cargo moi relevante, un cargo institucional e por tanto a miña felicitación; non vou facer ningunha valoración que non sexa desexarlle o mellor", apuntou.

Tamén o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, insistiu en que agora "non toca" falar do futuro do PSdeG. Na súa opinión, os cambios no seo do partido veranse "cando sexa a etapa dos congresos".  "Aínda estamos lonxe do que sería o proceso da xente que se queira propor para optar a distintos cargos orgánicos do partido e, cando toque, falaremos diso. Só toca desexarlle o mellor á fronte da delegación do Goberno en Galicia", resolveu.

Outros dirixentes, como o alcalde de Santiago, foron máis lonxe e consideran, que con este nomeamento, Ferraz marca o camiño do PSdeG. Así, asegurou que Pedro Sánchez fai unha "aposta de futuro" con este nomeamento. "Miñones é unha das persoas que dentro do PSOE está chamada a ter maior proxección e o feito de que desde o Goberno de España se conte con el para un posto desa responsabilidade, que supón unha plataforma desas características, paréceme realmente importante", indicou en declaracións á Cadea Ser recollidas por Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Gamela

Queremos saber cal vai ser o modelo do municipalismo que defenderá o novo Delegado do Goberno en Galicia https://twitter.com/00Gamela/status... Seguramente Vigo seguirá sendo Caso Distinto !

3 Casoplon con criadas galegas

José Miñones Trillo, deputado do PP durante 10 anos no Parlamento de Galicia. O fillo Delegado do Goberno do PSOE. Endogamia, Psoe PP a mesma...

2 Riolo

Parece una buena apuesta. El sobrino de Abel Cabllero demuestra todos los días que la endogamia es tan mala en política como en la vida universitaria.

1 Fo Zón

Está claro que a peor endogamia é a xenética. O exemplo máis claro es ti.

2 Riolo

Pero que mal perder tienes. Me conoces de algo como para suponer que entre mis genes hay algo de endogamia? No hay ninguna. Anda, vuelve para clase, que se te da mejor que la política.

3 Pedro o da Puri

Este medio dando clases particulares de la asignatura del padre en la facultad. El padre daba la asignatura en la Facultad, y el hijo tenía un local donde le daba clase a los alumnos del padre después. Blanco y en botella.

1 Gamela

Agora veremos se hai cambios nas Subdelegacións do Goberno en Galicia ! Se non cesa a Maica Larriba todo seguirá coma sempre !