Os aeroportos de Santiago e Vigo non deron positivos en COVID nas primeiras probas de antíxenos

As probas comezaron este martes nestes dous aeroportos. No da Coruña comezaron o pasado venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2021 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O Sergas comezou este martes a realizar probas de antíxenos aos viaxeiros chegados aos aeroportos de Santiago e Vigo, onde non se detectou ningún positivo.

Segundo informa a área sanitaria de Santiago, comezaron o test en voos nacionais chegados ao aeroporto Rosalía de Castro. No primeiro voo, participaron de forma voluntaria 23 dos 93 pasaxeiros, todos con resultado negativo.

Pola súa banda, a área sanitaria de Vigo explica que este martes se realizou unha proba para valorar o circuíto en Peinador, polo que só participou un viaxeiro.

Ademais, no aeroporto coruñés de Alvedro realízanse probas desde o pasado venres. Aena aprobou o luns a cesión de espazos para a realización de test de antíxenos de covid-19 tamén nos aeroportos de Santiago e Vigo.

O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais.
O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta