A Xunta avanza novas axudas ás salas de cinema pero evita falar de cifras

A Consellería de Cultura anunciou 120.000 euros para estes establecementos o pasado mes de setembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2021 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou que a Xunta porá en marcha unha nova liña de axudas destinada a salas galegas de exhibición cinematográfica para apoiar a industria audiovisual.

Durante a preestrea da comedia Cuñados, da compañía Portocabo, que tivo lugar este domingo en Ourense, o conselleiro destacou a política autonómica de apoio ao audiovisual mediante subvencións para impulsar o talento, o desenvolvemento de proxectos, a asistencia a mercados e foros internacionais e a difusión de festivais e mostras. Ademais, avanzou que se creará unha nova liña de axudas destinada a salas de cinema.

Tamén valorou o mantemento do nivel de actividade de rodaxes e estreas con recoñecementos en festivais internacionais, o que, na súa opinión, mostra que exerce como "un gran motor da cultura" da comunidade.

Ademais, Román Rodríguez resaltou o "extraordinario talento creativo" do equipo técnico e artístico de 'Cuñados', que o Goberno galego apoiou con 260.000 euros mediante a convocatoria de subvencións á produción audiovisual. Así, asegurou que o traballo destes profesionais contribúe a situar o cinema galego como un referente internacional.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, durante o pleno. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, durante o pleno. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta