Gratitude

Non foi o luns un día que comezase con grandes doses de temperanza.

Por Manuel Bragado | Vigo | 25/09/2013

Comparte esta noticia

Primeiro foi a indignación que me produciron as declaracións do presidente Feijóo cualificando de «chiste» as palabras do alcalde de Beariz apoiando a Franco.

Logo chegaron as de Jesús Vázquez cualificando de «non demócratas» ás persoas que nos opoñemos ao decreto de plurilingüismo e esvarando supostas complicidades co terrorismo aos que criticamos un decreto corrixido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Non o nego, quedei moi doído e desacougado por tan inxustas e inconcebibles cualificacións. E non é doado para min facer o esforzo de moderación necesario para evitar o mesmo erro no que caíu o conselleiro de Educación.

A lingua é un patrimonio de TODOS e o seu futuro é responsabilidade de TODOS. Non hai volta nin mellores argumentos para o caso. Por fortuna, á primeira hora da tarde chegou a chamada agradecida e agarimosa de Josefina Fernández Mosquera, a viúva de Olimpio Liste. Foi unha beizón e un acougo. Unha conversa telefónica de apenas cinco minutos capaz de me demostrar que aínda existen as persoas boas e xenerosas. A miña profunda gratitude para dona Fina pola súa temperanza en momentos tan difíciles para ela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA