Que é máis perigoso, a vacina de AstraZeneca ou un Ibuprofeno?

Todos os medicamentos teñen efectos secundarios que poden ser graves

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Durante as últimas semanas espertou unha alarma social pola posibilidade de que a vacina de AstraZeneca puidera ocasionar efectos secundarios graves como a trombose cerebral. Porén, medicamentos de uso común, como o Ibuprofeno, poden causar reaccións máis perigosas.

Efectos secundarios de AstraZeneca e do Ibuprofeno
Efectos secundarios de AstraZeneca e do Ibuprofeno

Entre os efectos secundarios máis frecuentes desta vacina destacan as náuseas, o malestar xeral e a dor de cabeza. Síntomas moi parecidos aos dun Ibuprofeno. Con todo, na receita deste medicamento tamén aparecen como reaccións moi frecuentes a posibilidade de hemorraxias dixestivas ou perforacións que poden ser mortais en persoas de idade avanzada.

É pouco frecuente que a inxección da vacina dea efectos secundarios como a somnolencia, a suor excesiva e o prurito cutáneo e é raro que a súa administración cause dificultades para respirar ou cambios no ritmo cardíaco. Cun Ibuprofeno, poden aparecer de xeito pouco frecuentes alteracións na visión ou ansiedade e de forma rara reaccións psicóticas ou inflamacións de esófago.

Ao consumir un Ibuprofeno tamén aumenta a posibilidade de sufrir un ataque cardíaco ou cerebral. Con todo, estes efectos son moi pouco frecuentes e risco é moi baixo. Nos dous casos os beneficios son moito maiores que os danos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta