A Deputación da Coruña abre o prazo de presentación de propostas para quince premios culturais

Serán catro premios de creación artística, cinco literarios, tres musicais, dous de proxectos feministas e un de recoñecemento a iniciativas de normalización lingüística.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/04/2021 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña ten aberto o prazo de presentación de propostas para catro premios de creación artística, cinco literarios, tres musicais, dous de proxectos feministas e un de recoñecemento a iniciativas de normalización lingüística.

En total, son quince convocatorias das que as primeiras en pechar farano o próximo 15 de abril e son o Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, o Rafael Dieste de textos teatrais e o Manuel Murguía de ensaio, informa o organismo provincial.

Máis tempo terán os dous certames que completan a oferta de literatura, os Torrente Ballester en galego e castelán que se consolidan como os de maior tradición no conxunto de premios da Deputación chegando a súa XXXIII edición.

Ademais, o Castelao de Banda Deseñada en modalidade xeral ou infantil e xuvenil, o Ksado de fotografía e o Certame de Arte Díaz Pardo dan a posibilidade de presentar obras ata o 30 de abril, mentres que o Jesús Núñez de artes gráficas está aberto do 1 de xuño ao 30 de xullo.

Xurado do premio Castelao da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Xurado do premio Castelao da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta