Jácome advirte de que Ourense perderá o 80% da súa oferta termal coa nova normativa autonómica

O alcalde de Ourense considera que a "Xunta finiquita o modelo termal" porque "non hai adaptación posible" aos requisitos e postulados que establece a normativa.

Por E.P. | Ourense | 15/04/2021 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cargou contra a lei 8/2019 de regulación de aproveitamento lúdico das augas termais e advertiu de que a cidade perderá o 80% da súa oferta por mor desta nova normativa impulsada polo Goberno galego.

O alcalde da cidade de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde da cidade de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Concello de Ourense.

O rexedor municipal censurou que, con esta lei, a "Xunta finiquita o modelo termal" porque "non hai adaptación posible" aos requisitos e postulados que establece a normativa. "Faime graza porque sempre usaron fotos do termalismo de Ourense e agora dan as costas", criticou Jácome, quen expuxo que esta regulación non se usa no resto de Europa.

Coa entrada en vigor desta normativa, Jácome sinalou que só se poderá abrir ao público unha poza na área termal da Chavasqueira e outra en Outariz da ducia que suman en total.

"Cada catro horas tense que renovar o caudal das termas, ten que entrar un chorro equivalente a toda a capacidade cúbica da auga dos pozos. Isto aumenta drasticamente a demanda do caudal, ningún dos pozos que temos dá cumprido o que esixe a Xunta. Hai que desviar o caudal termal para concentralo nun único sitio", explicou.

Jácome tachou a situación de "tomadura de pelo" e subliñou que, a curto prazo, non se notará "o golpe masivo" da Xunta ao termalismo de Ourense a causa do covid, pero se a medio-longo prazo porque pasarán de poder bañarse centos de persoas a facelo decenas.

Outra opción sería implementar unha depuradora coa que poder manter as pozas dentro dos requirimentos da nova normativa, con todo o alcalde non se mostra convencido "porque a Confederación non o permitirá facendo liña de policía".

En canto ás Pozas do Muiño, especificou que non se consideran termas senón zona de baño e queda prohibido o seu uso porque a Xunta esixe que se empregue nelas auga do río. "Para iso hai que bombear e pedir permiso á Confederación", sinalou, indicando que permanecerán pechadas os próximos 24 meses.

No caso das Burgas, criticou que a Xunta esixe "as mesmas directrices que para unha piscina olímpica", polo que será necesaria unha adaptación que "pode darse para Nadal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta