Máis de 400 maiores de 18 anos convocados a un cribado en Ortigueira

Estes cribados engadiranse aos xa realizados desde hai meses de modo sistemático a diversos colectivos, residentes, profesionais e franxas de idade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Ferrol realizará un cribado voluntario para a detección precoz da covid-19 no Concello de Ortigueira, para o que se convocará a máis de 400 persoas maiores de 18 anos.

Sanidade citará ás persoas a través de SMS e as probas (PCR) levarán a cabo desde este xoves ata o sábado, en horario de 16,00 a 21,00 horas, no centro de saúde do municipio.

Estes cribados engadiranse aos xa realizados desde hai meses de modo sistemático a diversos colectivos, residentes, profesionais e franxas de idade, e a área sanitaria chama a cumprir coas medidas de protección e a participar neste proceso voluntario.

Un home participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, a 6 de febreiro de 2021
Un home participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, a 6 de febreiro de 2021 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta