O cambio a tecnoloxía LED en Allariz alcanzará o 50%

O luns 19 de abril comezaba a segunda fase da renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior. Substituiranse un milleiro das luminarias totais coas que conta o concello.

Por X.M. Fernández | Allariz | 27/04/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz segue avanzando na súa estratexia de consolidar a eficiencia enerxética tamén no que a alumeado público se refire.

A alcaldesa supervisando os traballos. Foto: Prensa Concello de Allariz
A alcaldesa supervisando os traballos. Foto: Prensa Concello de Allariz

Os cambios comezaban xa no exercicio anterior nunha primeira fase, onde se levaron a cabo as modificacións a sistema Led nas luminarias das zonas do Parque Empresarial de Roiriz, no Paseo do Portovello, no Paseo da Alameda, na Estrada de Xunqueira, na Ponte de Vilanova, na Piscina Municipal e no núcleo de San Vitoiro.

E xa neste mes de abril, concretamente o día 19, comezaba a segunda fase da renovación das instalacións de alumeado, na que se substituirán unhas 1.000 luminarias a tecnoloxía LED co obxectivo de que o cambio total chegue ao 50% do total --unhas 3.900 unidades--.

Todo este proceso conseguirá que o consumo eléctrico nas zonas con sistema led se reduza nunha media do 50%, sendo incluso maior dependendo da zona. A  Alcaldesa, Cristina Cid, confía en que a redución do consumo nas zonas renovadas supere ese 50%, xa que nas zonas nas que xa se fixo o cambio no exercicio anterior verificouse esa redución.

Esta segunda fase do proxecto de eficiencia enerxética,  está subvencionado polo Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía ( IDAE ) nun 80%. O 20% restante será aportado pola Deputación de Ourense a través do plan provincial. Un total de algo máis de 372.000 euros será o custe total desta segunda fase e os traballos durarán uns 45 días.

Os núcleos nos que se están acometendo as melloras foron escollidos entre o IDAE e o concello priorizando os que tiñan un consumo máis elevado.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

Que exemplo de concello. Parabéns!