(Vídeo) Denuncian unha poda masiva de árbores na Ribeira Sacra

Amig@s das Árbores din que as podas se están realizando nas zonas que están propostas como Patrimonio da Humanidade

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

Na concentración parcelaria de Castro Caldelas, no centro da Ribeira Sacra, desapareceron centos de árbores. A Ribeira Sacra é un dos 24 candidatos para ser declarados Patrimonio da Humanidade no 2021, pero a pesar diso, tivo lugar unha poda masiva de árbores, moitas delas autóctonas.

Poda de Árbores en Castro Caldelas
Poda de Árbores en Castro Caldelas

A plataforma Amig@s das Árbores denuncia que a pesar da recente declaración deste lugar como Ben de Interese Cultural por parte da Xunta para "apostar por un desenvolvemento sustentable nas prácticas tradicionais" os procedementos van en "dirección contraria".

A plataforma, a través dun comunidado, declara  que a paisaxe é un elemento fundamental da calidade de vida das persoas e que hai que facer un aproveitamento sostible dos seus recursos. Desta forma, declaran "inconcebible" a destrucción do bosque autóctono que se está facendo nesta zona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta