Intervidos 21 quilos de percebes ilegais en Corcubión

O Seprona atopounos no interior dun vehículo tras unha manobra brusca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Corcubión aprehendeu nun vehículo 21 quilogramos de percebes sen documentación que garanta a súa rastrexabilidade.

Segundo relatou o Instituto Armado, os feitos ocorreron cando unha patrulla circulaba pola localidade de Corcubión e os gardas civís observaron como "un vehículo que circulaba en sentido contrario realizou unha manobra brusca ao advertir a súa presenza".

Entón, a Garda Civil procedeu a darlle o alto ao vehículo co fin de coñecer o motivo de "tan repentina manobra", sinalaron as mesmas fontes. "Unha vez detido o vehículo ante as dubitativas explicacións do condutor, os gardas civís actuantes solicitáronlle que abrise o maleteiro do turismo, localizando no seu interior un capazo de plástico negro cheo de percebes", destacou a Benemérita.

Así, a Garda Civil requiriulles aos ocupantes do vehículo a documentación que garantise a súa rastrexabilidade e amparase o seu transporte, ante o que manifestron que non tiñan. Por iso, os axentes procederon á tramitación das correspondentes actas denuncia e á incautación dos percebes, os cales arroxaron un peso de 21 quilogramos tras a súa pesada. En concreto, os percebes incautados foron entregados no Centro Aspadex da localidade de Cee.

A Garda Civil intervén 21 quilos de percebes sen documentación que garantise a súa rastrexabilidade nun vehículo en Corcubión (A Coruña).. GARDA CIVIL
A Garda Civil intervén 21 quilos de percebes sen documentación que garantise a súa rastrexabilidade nun vehículo en Corcubión (A Coruña).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta