As grandes cidades galegas aumentaron as doazóns de sangue no 2020 a pesar da pandemia

Santiago de Compostela é a que rexistrou a maior taxa de doazón --94 de cada 1.000-.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) recolleu case 50.000 doazóns de sangue no ano 2020 nas sete grandes cidades galegas. Así, aínda que estas urbes acollen o 37 % do total da poboación galega, acumularon o 47 % das doazóns de sangue totais, o que representa un incremento de 5 puntos respecto ao exercicio anterior.

Así o comunicou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), que remarcou que a taxa de participación media das cidades galegas foi de 50 doazóns por cada 1.000 habitantes, o que supón superar en 11 puntos a media galega. Das 7 grandes cidades galegas, Santiago de Compostela é a que rexistrou a maior taxa de doazón --94 de cada 1.000--, mentres que en números absolutos foi Vigo a que obtivo as cifras máis altas --con 10.833 doazóns--. En concreto, en 2020 o número de doazóns incrementouse en Ferrol, Pontevedra e Ourense, mentres que baixou nas outras catro grandes cidades.

O Sergas apuntou que os locais permanentes de atención ao doante de sangue --que se engaden ás unidades móbiles da ADOS-- existentes nas sete grandes cidades "facilita un maior acceso" á doazón.

Así, durante o pasado ano, marcado pola pandemia do covid, o 21,3 % dos cidadáns optou por acudir a estes locais, situados en centros hospitalarios, o que supón aumentar en 6,1 puntos o volume deste tipo de doazóns respecto de 2019.

Doazón de sangue.
Doazón de sangue.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta