O Parlamento galego expresa a súa solidariedade coa Fronte Polisaria e pide á ONU que medie no conflito con Marrocos

Trátase dunha declaración institucional pactada por PPdeG, BNG e PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/04/2021 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O Parlamento galego expresou a súa solidariedade co pobo saharui e ao que recoñece como o seu lexítimo representante, a Fronte Polisaria, ante a situación humanitaria que atravesan os campos de refuxiados no Sahara Occidental, á vez que insta a Nacións Unidas a mediar no conflito con Marrocos.

Nenos saharauís agardando ser acollidos
Nenos saharauís agardando ser acollidos | Fonte: mrnmagazine.com

A través dunha declaración institucional pactada polos grupos con representación no Lexislativo autonómico --PPdeG, BNG e PSdeG--, a Cámara fai un chamamento "á responsabilidade" das partes, ás que apela a "acelerar o proceso negociador" para atopar unha saída pacífica ao conflito "que respecte os dereitos e liberdades do pobo saharui".

Por este motivo, os grupos ven "imprescindible" que a ONU nomee un representante especial para o Sahara Occidental para velar polas "garantías democráticas" e o respecto aos dereitos humanos da poboación saharui.

Ademais, tamén se dirixe ao Goberno español, ao que reclama que asuma as súas "obrigas como potencia administradora" e, deste xeito, defende os acordos internacionais e os dereitos humanos do pobo saharui.

Neste sentido, apela ás autoridades españolas a exercer un papel proactivo nos "foros e organizacións internacionais" para esixir o cumprimento dos acordos e a liberación dos activistas saharuis "que permanecen de forma ilegal nas prisións de Marrocos".

"Solicitamos a adopción das accións políticas e diplomáticas necesarias por parte do Goberno español e da Unión Europea para esixir ao Reino de Marrocos o respecto aos dereitos humanos e democráticos do pobo saharauí, cumprindo cos compromisos adquiridos coa Misión de Nacións Unidas para o Referendo no Sahara Occidental (MINURSO)", sinala a declaración institucional dos grupos.

Así mesmo, tamén se dirixen a Cruz Vermella, á que reclaman que "asuma as súas responsabilidades" na zona e piden aos Gobernos español e galego que intensifiquen a axuda humanitaria na zona, onde a poboación saharui "resiste en condicións infrahumanas" nos campamentos de refuxiados.

Por último, a Cámara incide na necesidade das autoridades internacionais garantan a subministración de vacinas contra o covid-19 ao pobo sahauri, algo que consideran un "elemento imprescindible" para "previr unha expansión incontrolada da enfermidade, de consecuencias imprevisibles no contexto de precaridad sanitaria existente nos campamentos de refuxiados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta