Por E.P. | A CORUÑA | 03/05/2021 | Actualizada ás 13:53
Supermercados Gadis activou a campaña 'Maio Solidario' para axudar a bancos de alimentos de Galicia e Castela e León. Como novidade este ano, e debido ao contexto de pandemia, inclúe a posibilidade de realizar unha doazón económica, ademais da entrega de produtos non perecedoiros.
Será, segundo expuxo na presentación da iniciativa o director de Responsabilidade Social Corporativa (RCC), Antonio Cortés, para axudar aos bancos de alimentos galegos e de Castela e León. "Que á súa vez atenden a 800 organizacións, que axudan a 100.000 persoas", remarcou.
Da última campaña, que tivo lugar o ano pasado, cifrou en 50.000 os produtos recollidos, dos que 30.000 foron doados pola empresa de distribución alimentaria. A entrega de alimentos nesta edición poderá realizarse nos espazos habilitados en 204 supermercados Gadis de ambas as comunidades autónomas, entre este luns e o 29 de maio.
Desde o ano 2013, cando a empresa iniciou esta acción, os bancos de alimentos de Galicia e Castela e León recibiron máis dun millón de quilos de artigos, segundo lembrou Antonio Cortés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.