(Vídeo) Un proxecto para que os máis pequenos volvan facer exercio a pesar da pandemia

O Concello de Pontevedra alíase con alumnos e alumnas da USC para lanzar 'As aventuras de Luli', unha serie orientada a que os máis pequenos recuperen este hábito saudable.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2021 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

Cando á pandemia de covid-19 se lle comeza a ver xa o último horizonte seguen agromando consecuencias das restricións sanitarias que, nun comezo, parecían pouco probables ou insignficantes pero que están probando ser un reto colectivo para o conxunto da sociedade. Neste aspecto, os máis pequenos son uns dos que máis están a padecer as dificultades do confinamento primeiro e das longas restricións despois.

Carátula do proxecto 'As aventuras de Luli', desenvolto por alumnado da USC para fomentar o exercicio nos máis pequenos en tempos de pandemia
Carátula do proxecto 'As aventuras de Luli', desenvolto por alumnado da USC para fomentar o exercicio nos máis pequenos en tempos de pandemia | Fonte: Youtube

Para tentar compensar a perda de actividade física que tanto precisa este sector da poboación, un grpo de alumos da USC vén de lanzar un proxecto dirixido aos nenos e nenas de 0 a 6 anos co obxectivo de motivalos a que recuperen esa actividade "ao tempo que coñecen espazos da nosa contorna". O proxecto leva por nome ‘As Aventuras de Luli’ e vén impulsado impulsado por un grupo de alumnas e alumnos da materia Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal do Grao en Mestre/a de Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela (USC), á parte de contar coa colaboración e impulso do Concello de Pontevedra.

A iniciativa, apuntan, traducirase na difusión dunha serie de 14 vídeos, subidos semanalmente ás redes sociais, nas que os rapaces deberán axudar a unha mascota chamada Luli as superar as probas que se propoñen en cada localización dun mapa máxico e, deste xeito, obter unha chapa ou insignia en cada lugar no que superen o reto e converterse nos mellores ‘scouts’ xunto a Luli.

O proxecto foi presentado esta mañá na Sala de Prensa do Teatro Principal nun acto no que participaron o tenente de alcalde, Tino Fernández, e as alumnas do grupo de difusión-comunicación de ‘As Aventuras de Luli’ Roselly Camelo, Luján Campos, María Cándido, Nerea Couceiro e Pablo Gayo. Segundo explicaron os alumnos da USC, trátase dunha proposta enmarcada na metodoloxía educativa ApS (Aprendizaxe-Servizo), consistente en traballar e aprender os contidos da materia á vez que se presta un servizo á comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta