Temas: CINEMA

"Fago stripteases de bombeiro frecuentemente"

Xoel Yáñez, un actor galego que aos seus 25 anos xa ten a sua propia ficha de Wikipedia. Traballa e cabalga entre Galicia (o bombeiro de "Chapa e pintura" na TVG) e Madrid, e nós tivemos a sorte de poder contar con el para unha sesión especial. Unha charla con Sue Rainbow ao obxetivo.

Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 23/10/2013 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Chega ao Hotel Nh Obradoiro o último, vén dende A Coruña de rodar para a serie na que traballa actualmente na TVG, “Chapa e pintura”. Tal e como chega, case que sen cruzar palabra, xa nos poñemos a disparar fotos e falar...

Xoel Yañez por www.suerainbow.com
Xoel Yañez por www.suerainbow.com

Sempre quixeches ser actor?


Quixen ser futbolista, astronauta, músico e até informático, entre outras moitas cousas. Despois decidín ser actor para poder xogar a ser todas esas e moitas máis.

Como xurdiu o teu desexo pola actuación?

Coa directora cubana Loly Buján. A miña tía levoume ó seu taller de teatro. En principio só ía para mirar o que facía alí, pero aos poucos minutos xa o estaba a pasar en grande cun texto na man. Loly Buján contaxioume a sua paixón polo teatro.

Xoel Yañez por www.suerainbow.com
Xoel Yañez por www.suerainbow.com

A túa familia apoioute?


Sempre. Dende que decidín marchar á Madrid para estudar Arte Dramático. Estou moi agradecido. 

Fixeches amigos neste traballo?

Moitos.Tiven a sorte de estar rodeado de moi bos compañeiros e compañeiras en todo momento, e nesta profesión, cando "hai bo rollo", cada proxecto remata convertíndose nunha gran familia.

Cal é o teu inicio para crear unha personaxe?


O mundo imaxinario que esperta coa primeira lectura do guión. A imaxinación é infinita e agasalla auténticas marabillas. Despois, nos ensaios, hai que axustala ás posibilidades reais.

Segundo ti, cales son as cousas básicas para facer unha boa interpretación?

Conectar de forma sincera cos demais actores e actrices do elenco dende o momento en que comeza a acción ou se abre o telón. Tamén disfrutar de xeito orgánico e creativo de todo o que aconteza entón.

Crees que o teu traballo é difícl?


Pode selo, pero en calquera caso debe resultar doado. É coma quen toca o piano; non é fácil e non pode facelo dun día para outro, pero gústanos ver que o intérprete faino dun xeito tan cómodo que semella a cousa más sinxela do mundo. Creo que coa interpretación ou con calquera outra disciplina artística ocorre o mesmo.

Cal sería o teu papel favorito para protagonizar?


Algún malo, malísimo. Nunca tiven a oportunidade de probalo.

Cales son os teus actores favoritos? Impulsoute algún deles a seguir o teu soño?


Son moitos: Luis Tosar, Johnny Depp, Ana Wagener, Verónica Echegui... Claro sempre que vexo un gran traballo sinto a inevitable necesidade de adicarme a esta bonita profesión. 

Como definirías a un bo actor?


Aquel que é capaz de atrapar a atención e emoción do espectador dende o inicio ata o final do espectáculo.

Para ser actor precísase talento .. ¿Crees que o tes?


Uiii, non serei eu quen valore algo así sobre min mesmo. O que si teño son moitas ganas de seguir aprendendo e mellorando para, algún día, chegar a ser un gran actor.

Entendo que a popularidade quita privacidade, pero tamém dá satisfaccións...

Polo momento o meu traballo nunca afectou a miña vida privada. Imaxino que para quenes teñen ese grao de exposición pública debe de ser duro. Pero si é moi satisfactorio recibir comentarios de xente que se emocionou e disfrutou con algún dos traballos que fixeches.

Nalgún momento se che subiu a fama á cabeza?

Polo momento non sei o que é iso. Se algún día alcanzo ese recoñecemento espero ter suficiente cabeza como para non caer niso.

Consumes drogas?

Son un rapaz moi sano.

Que non te atreverías a facer para unha actuación?


Atreveríame a todo aquelo que esté xustificado por un guión que me guste e motive.

Arrepínteste dalgo que fixeches na vida?

Tomamos infinidade de decisións día a día. Algunhas son acertadas e con outras equivocámonos. É normal. Creo que o fundamental é aprender pouco a pouco de cada erro para mellorar. 


Cres que nun actor o físico e o éxito van da man?


Creo e espero que non. O cine e o teatro están cheos de grandísimas interpretacións de actores máis guapos ou menos guapos. É inderferente. Ainda que, ás veces, a industria e a sociedade tenden a venerar aos máis atractivos, iso tamén é certo.

Es dos que se preocupan polo físico ou por verse ben?


Gústame practicar deporte. É case unha necesidade para min. En ocasións algunha personaxe require un plus nese sentido. Por exemplo, para a personaxe de Lucas Miroslav, co que participo na nova comedia da TVG “Chapa e pintura” necesitaba unha preparación física moi intensiva coa que me axudou moito un gran entrenador persoal, Rubén Río.

Quen é Lucas Miroslav?

Son o fillo de Chelo, que interpreta Mara Sánchez, e Raúl, que interpreta Manuel San Martín. Os meus pais sepáranse e métenme en medio dos seus problemas matrimoniais. Miña nai bota a meu pai da casa e el instalase na miña, pero non é fácil de aturar. Ademáis son bombeiro; un bombeiro moi particular... Striper. 

Algunha vez unha parella che pediu un striptease de bombeiro?

¡Claro! É algo que fago con frecuencia na miña vida...

Veste actuando toda a vida?


Si, espero poder vivir disto o resto da miña vida. Pero en calquera caso sei que non poderei deixar de facelo.

Eres tímido?


Pode que nun primeiro contacto non sexa a persoa máis extrovertida, pero tampouco son introvertido e collo confianza axiña.

Foto por http://www.suerainbow.com/

Agradementos: https://www.facebook.com/hotelnhobradoiro

Xoel Yáñez

http://www.xoelyanez.com/

Xoel Yañez por www.suerainbow.com
Xoel Yañez por www.suerainbow.com
Xoel Yañez por www.suerainbow.com
Xoel Yañez por www.suerainbow.com
Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eueu

O Nuevo Vale non desaparecera? ...pois semella que ainda non!