Os controis policiais reforzaranse trala fin do estado de alarma

Estarán centradas nas zonas de risco e os colectivos menos vacinados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2021 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

As forzas e corpos de seguridade centrarán o control e vixilancia nas zonas de máis risco e entre os colectivos menos vacinados como obxectivos prioritarios a partir do fin do estado de alarma o vindeiro domingo 9 de maio. Así o explicou o delegado do Goberno, José Miñones, na reunión do Centro de Coordinación Autonómico (CECOR) que tivo lugar este venres e tras a cal explicou que os obxectivos se debe a que son os colectivos "máis expostos" ante a pandemia.

Miñones apelou á "responsabilidade" da cidadanía de Galicia para "non retroceder na actual situación da pandemia" e lembrou que, aínda que a fronteira de Portugal estea aberta, "os que decidan viaxar ao país veciño deberán ter en conta as restricións vixentes de mobilidade e actividades permitidas". Tras a reunión, na que participaron os subdelegados do Goberno nas provincias, os representantes dos máximos corpos e forzas de seguridade do Estado en Galicia e a Fegamp, o delegado do Goberno reiterou a "máxima colaboración" coas autoridades sanitarias para a protección da saúde pública ante o próximo levantamento do estado de alarma.

José Miñones apelou á responsabilidade individual da cidadanía galega para "non retroceder" e lembrou que seguen "sendo imprescindibles as medidas de distanciamento e protección individual se se quere seguir avanzando na nova normalidade".

Control da Garda Civil de Tráfico da Coruña.. GARDA CIVIL DE TRÁFICO - Arquivo
Control da Garda Civil de Tráfico da Coruña.. GARDA CIVIL DE TRÁFICO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta