Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2021 | Actualizada ás 17:41
O incendio declarado nas instalacións que a conserveira Jealsa ten na parroquia de Abranqueiro, no municipio coruñés de Boiro, afectan á cámara frigorífica da factoría.
Segundo informou o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, nestes momentos o vento sopra de forma favorable, en dirección contraria ao eixo central da empresa. Por iso, confía en que as chamas "non afecten o resto da instalación".
O rexedor informou de que se uniron aos labores de extinción medios aéreos. Ademais, polo momento non foi necesario desaloxar a ningún veciño das casas máis próximas á zona.
Do mesmo xeito que o vicepresidente primeiro da Xunta Alfonso Rueda, o alcalde desprázase á zona, onde traballa un amplo operativo de emerxencias.
Precisamente, a Xunta activou o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, Platerga, para garantir a coordinación entre os organismos mobilizados debido ao incendio rexistrado nas instalacións que a conserveira Jealsa ten na parroquia de Abanqueiro, en Boiro.
Diso informou o CIAE 112 Galicia, que explica que solicitou a intervención dos bombeiros de Borio, Ribeira e Ribadumia, así como do GES de Noia e dos efectivos de Protección Civil de Boiro.
Ademais, foron mobilizados equipos de Salvamento Marítimo e dos Garda Costas de Galicia, así como a Policía Local e a Gorida Civil. A intensa fumareda provocada polas chamas declaradas sobre as 14,30 horas deste sábado pode verse desde puntos de toda a ría de Arousa.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, tamén mostrou a súa preocupación pola situación. "Sigo de preto e en contacto directo coa empresa a evolución do incendio que afecta á conserveira de Escuris en Boiro, en cuxo control colaboran os Gardacostas de Galicia", sinalou nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social Twitter.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.