Activado o plan especial ante risco de inundacións polo posible desbordamento do río Verdugo, en Ponte Caldelas

Tal e como informou o 112 Galicia, a información recibida a través dos sistemas de seguimento sinala un crecemento significativo do seu caudal, o que pode dar lugar a desbordamentos puntuais no seu curso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2024 | Actualizada ás 21:21

Comparte esta noticia

A Xunta activou o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal), en fase de preemerxencia, polo posible desbordamento do río Verdugo, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Ponte Caldelas. Tal e como informou o 112 Galicia, a información recibida a través dos sistemas de seguimento sinala un crecemento significativo do seu caudal, o que pode dar lugar a desbordamentos puntuais no seu curso.

Nestes momentos, aínda que as choivas seguen afectando á comunidade galega, a central de emerxencias comunicou que non rexistrou incidencias de consideración. Durante a xornada deste sábado, Meteogalicia e a Aemet manteñen activo un aviso amarelo por vento e choivas intensas no oeste e sur de Galicia.

Neste contexto, o municipio onde máis choveu este sábado foi Lousame, en concreto, 90.7 litros por metro cadrado, seguido de Cuntis, con 80.9 litros por metro cadrado, e Boiro, con 80.3 litros por metro cadrado. En canto aos ventos, o refacho máis forte rexistrouse en Penedo do Galo, na localidade lucense de Viveiro (94.3 km/h). Tamén en Punta Candieira, en Cedeira, e en Castro Vicaludo, en Oia, os ventos superaron os 90 quilómetros por hora.

Río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas
Río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas | Fonte: CONCELLO DE PONTE CALDELAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta