O acusado de abusar dunha menor en Carballo culpa as "malas compañías" da vítima

A rapaza tiña 11 anos no momento dos supostos abusos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2021 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

Un home acusado de abusar sexualmente dunha menor cando estaban sós nunha casa negou os feitos e culpou ás "malas compañías" da vítima da denuncia, no xuízo celebrado na Audiencia Provincial da Coruña. Segundo sostén o Ministerio Público no seu escrito, os feitos ocorreron nunha data non concretada do verán de 2014. O acusado, que residía no partido xudicial de Carballo co resto da familia, entrou na habitación da menor, que entón tiña 11 anos.

"Unha vez alí, espertouna e empezou a quitar a roupa quedando espido de cintura para abaixo", sinala a Fiscalía que explica que tamén espiu de cintura para abaixo á menor e díxolle que ían facer " cousas de maiores, que estivese tranquila, que non lle ía a doer".

MALAS COMPAÑÍAS

No xuízo, o acusado negou os feitos e afirmou que "nunca estivo a soas coa menor". Explicou que mantiña unha "moi bo relación" coa vítima, pero que todo cambiou cando se xuntou con "malas compañías". Na súa opinión, o obxectivo da menor era "botalo de casa" para ter maior liberdade como as súas amigas. Tamén argumentou que a relación coa vítima rompeu por completo o día que, segundo a versión do procesado, a moza "tentou acoitelar" á súa nai tras unha discusión. El afirmou que golpeou á menor para quitarlle a arma e que ela ameazou con denuncialo.

No domicilio familiar, o acusado convivía coa súa parella, a vítima --filla da primeira--, unha filla en común da parella e outra do acusado dun matrimonio anterior. Esta última, tamén denunciou ao acusado por abuso sexual, aínda que o xuízo non se chegou a celebrar. A vítima, que agora vive cos seus tíos, declarou a porta pechada sen a presenza dos medios de comunicación. A Fiscalía pide unha pena de 11 anos de prisión para o acusado. Pola súa banda, o avogado da defensa, Rafael Suárez, explicou aos medios que buscaría a libre absolución do seu defendido ao "non demostrarse os feitos".

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo contra un notario acusado de falsidade en documento público
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo contra un notario acusado de falsidade en documento público

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta