Catro detidos en Ourense por roubar electrodomésticos nunha casa abandonada

Tamén se apropiaron de ferramentas nun serradoiro, entre outros enseres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil do Carballiño detiveron a catro individuos veciños de Ourense polo roubo de electrodomésticos nunha casa abandonada, ferramentas nun serradoiro e cobre nun despezamento en varios municipios da provincia de Ourense. Segundo informou o Instituto Armado, o pasado 29 de abril foron detidos E.M.S., de 40 anos, e D.M.S., de 35 anos; mentres que o 17 de maio arrestaron a S.M.S., de 29 anos, e a M.M.S., de 42 anos, veciños de Ourense como presuntos autores de catro delitos de roubos contra a propiedade ocorridos en Ourense.

Os feitos sucederon durante o pasado mes de marzo onde se apoderaron de electromesticos nunha casa deshabitada no Irixo, ferramentas nun serradoiro de pedra na Merca, cobre nun despezamento de Boborás e un cazo dun tractor nunha leira do Irixo. As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 do Carballiño.

Un axente de Garda Civil revisa a documentación dun vehículo durante un control de mobilidade na autovía das Rías Baixas ou A-52, nas inmediacións de Vilavella, Redondela
Un axente de Garda Civil revisa a documentación dun vehículo durante un control de mobilidade na autovía das Rías Baixas ou A-52, nas inmediacións de Vilavella, Redondela | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta