Levaban a cabo os ilícitos de madrugada, adoptando numerosas medidas de vixilancia e seguridade para evitar ser detectados.
  comenta   0
A Xunta insiste na legalidade das verteduras de auga da mina de San Finx e mariscadoras alertan da súa toxicidade. As Confrarías de Pescadores de Noia e de Portosín convocan unha manifestación este sábado ás 11,00 horas na Alameda de Noia.
  comenta   0
Torrado (PSdeG) critica que hai 105 vacantes de formación especializada sen convocar e Comesaña replícalle que o bipartito "cubría só o 70%"
  comenta   0
A Xunta destina 4,3 millóns de euros ás pólizas de seguro do programa 'Xogade', que promove o deporte entre nenos en idade escolar
  comenta   0
O obxectivo é incrementar o control ambiental do río Ulla e dos bancos marisqueiros de Carril, a través de campañas de mostraxe e monitorización da calidade das augas.
  comenta   0
O dono da furgoneta que usaron os acusados debe ingresar en prisión ao constarlle unha orde de detención do xulgado da Coruña.
  comenta   0
Os veciños implicados demandan a limpeza da zona despois de que a administración negara á empresa os permisos para seguir explotando a zona.
  comenta   0
O obxectivo é abordar "os pasivos ambientais herdados da antiga mina", que cesou a súa actividade hai 35 anos conforme "ao estándar ecolóxico da época, moi diferente".
  comenta   1
Desestima o recurso de reposición que impulsou a empresa tras ser denegado o seu plan para a mina. Cobre San Rafael minimízao e di que está a construír un novo proxecto en consulta cos grupos de interese.
  comenta   0
Detido en Ferrol tras ser sorprendido mentres tentaba substraer cableado eléctrico.
  comenta   0
Unha plataforma patronal lamenta a postura do "non ao todo" das asociacións ecoloxistas que veñen demandando que se cumpra a lei.
  comenta   0
Mobilízanse en Vilalba para reclamar subas ao "prezo máis baixo de Europa". Ana Pontón insta á Xunta a poñer freo á situación.
  comenta   0
Esta crise provoca "atrasos de 90 días" pola escaseza de materiais coma o cobre, aluminio, prata ou madeira e vaise manter ata ben entrado o ano 2022
  comenta   0
Asime asegura que o novo proxecto se trata dunha "explotación estudada dos recursos naturais" e co "máximo respecto dos estándares ambientais".
  comenta   0
A plataforma Mina Touro-O Pino non cifra en máis de 200.000€ as axudas da Xunta á minería. A estas poderían sumarse outras que, sosteñen, o goberno galego estaría a "ocultar". Outra asociación avanza que denunciará os feitos.
  comenta   0
A asociación ecoloxista "Salvemos Cabana" faise eco dun estudo e sinala que en caso de posible accidente a gran escala, produciríase "un desastre ambiental sen precedentes en Galicia".
  comenta   0
A concesión mineira afecta o Parque Natural de Montesinhos, en Portugal, e o LIC de Pena Maseira. Ata agora era propiedade de Valoriza Minería, do Grupo Sacyr. O proxecto está a apenas 1 km da fronteira portuguesa e, mesmo así, non foi sometido á avaliación ambiental transfronteiriza A Administración da Xunta non declarou a caducidade da concesión a pesar que a mina nunca chegou a ter actividade Ourense, agosto de 2021.- Ecoloxistas en Acción vén de remitir unha batería de escritos ás consellerías de Economía, Innovación e Empresa e Medio Ambiente, así como á Valedora do Pobo, poñendo en evidencia cómo as Administracións permitiron que permanecera vixente unha concesión de explotación mineira de estaño e volframio na Gudiña, á que se outorgou Declaración de Impacto Ambiental favorable en 2014 e autorización mineira en 2015, pero que nunca tivo actividade. A lexislación establece que as as concesións mineiras caducarán de non iniciarse os traballos ou por incumprimento dos prazos aprobados nos proxectos, mentres que as DIA perden a súa vixencia aos 4 anos. Non obstante, a Administración mineira non só non iniciou os trámites de caducidade, se non que tentou ocultar a falta de actividade mediate informes. A actuación frente a este proxecto mineiro débese a que afecta directamente ao LIC Pena Maseira, dentro da rede Natura 2000, e está a apenas a 1 km de distancia do Parque Natural de Montesinhos, en Portugal, a pesar do que a Xunta de Galicia non tramitou no seu día o preceptivo procedemento de avaliación de impacto ambiental trasfronteiriza. Mentres se supoñía que a explotación extraería 5.000 toneladas anuais en varias cortas a ceo aberto, a imposibilidade de transladar o material en camións ata as instalacións da mina de San Finx en Lousame, por non contar tampouco aquela explotación das autorizacións ambientais necesarias, fixo a produción fose cero. De feito, en abril deste ano Valoriza Minería (Grupo Sacyr) vendeu a totalidade das súas participacións na empresa concesionaria, da que tiña o control maioritario, adquiríndoas unha sociedade instrumental alemana creada en Berlín un mes antes para completar a adquisición. A nova empresa, LMBI Vermögensverwaltungs GmbH, está vinculada a Roberto García Martínez e á mercantil sueca Eurobattery Minerals AB, cuxa filial galega ven de ser expedientada por realizar sondeos ilegais no que denomina “proxecto Corcel”, outro proxecto de mina a ceo aberto de cobre, níquel e cobalto situado entre Santa Comba e Coristanco. Ecoloxistas en Acción descofía que a nova titular irá continuar a especular con este dereito mineiro poñendo en risco a integridade de espazos ambientalmente sensibles, como xa o fixo coa Braña da Serra de Castriz, e por iso demanda a que se cumpra coa lexislación declarando a caducidade tanto da concesión mineira como da autorización ambiental.
  comenta   0
A Asociación Petón do Lobo trasladara unha denuncia á Xunta logo de ter coñecemendo de que a empresa sueca EuroBattery Minerals estaba desenvolvendo actividades na zona de Castriz co obxectivo de analizar o terreo de cara a un proxecto mineiro de cobre, níquel e cobalto.
  comenta   0
FGAMT-CIG acusa a Sanidade de "sacarlles" a ambulancia aos veciños para dárllela aos "turistas VIP". Critican que o vehículo usado como reposto é "low cost" e só cobre 12 horas ao día.
  comenta   0
Petón do Lobo denuncia que esta multinacional xa realizou estudos sobre a terra en 2020 sen contar cos permisos da administración. Piden deter as novas sondaxes antes de que causen danos "irreparables" en "zonas de alto valor ecolóxico".
  comenta   0