En marcha a cita previa por internet da Oficina de Atención á Vítima e á Cidadanía da Coruña

O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia atendeu 252 casos de 114 persoas en 2020, o que supón un 20% máis de asuntos respecto de 2019.

Por E.P. | A CORUÑA | 19/05/2021 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Oficina de Atención á Vítima e á Cidadanía da Coruña comezou hoxe a funcionar con cita previa a través de Internet, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O obxectivo da implantación deste novo sistema é, por unha banda, facilitar os trámites e, por outro, evitar a coincidencia de varias persoas nas instalacións, así como os desprazamentos innecesarios.

Desde este mércores, na páxina www.xustiza.gal, pódese reservar quenda para solicitar xustiza gratuíta, de luns a venres, de 9,00 a 11,00 horas, e para outros trámites relacionados con procedementos monitorios, xurisdición voluntaria ou conciliacións. A páxina tamén permite descargar os modelos que hai que cumprimentar para realizar xestións sobre monitorios, solicitude de testemuñas ou internamentos non voluntarios, entre outros.

Todos os formularios deben entregarse, previa solicitude de cita e debidamente cumprimentados, na Oficina de Atención á Vítima e á Cidadanía da Coruña, situada no edificio de Novos Xulgados, na rúa Monforte.

Para as peticións de localización de procedementos xudiciais que afecten á cidadanía non é necesario reservar quenda previa xa que poden realizarse en 'cidadan.vitimas.coruna@xustiza.gal', un correo que tamén pode ser utilizado para expor consultas ou dúbidas.

Coa posta en marcha deste sistema na Coruña, conclúese a implementación da cita previa por Internet nas oficinas de atención á vítima e á cidadanía do sete grandes cidades galegas. Este novo servizo, cuxa implantación se realiza desde a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dependente da Xunta, enmárcase dentro das medidas adoptadas na nosa comunidade para facer fronte á Covid-19 no ámbito da Administración de Xustiza.

Arquivo - Bandeiras LGTBI.. JAMIE MCCARTHY - Arquivo
Arquivo - Bandeiras LGTBI.. JAMIE MCCARTHY - Arquivo

LGBTI FOBIA


O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia atendeu 252 casos de 114 persoas en 2020, o que supón un 20% máis de asuntos respecto de 2019. Así o explicou o presidente da Asociación pola Liberdade e Afectiva Sexual da Coruña, Carlos Mella, nunha rolda de prensa xunto á concelleira de Igualdade, Yoya Neira.

Yoya Neira recalcou que "aínda queda camiño por facer", polo que manifesta a importancia de "combater" a discriminación por parte das administracións. Expresa que só así se poderá vivir nunha sociedade "que se enriqueza da diversidade". Pola súa banda, Carlos Mella advertiu de que a pandemia provocou que moitas persoas se puxesen en contacto coa asociación ao necesitar acompañamento pola soidade.

O presidente de Ás A Coruña informa que houbo paridade entre as persoas atendidas, pero o rango de idade sitúase entre os 25 e os 44 anos. E é que afirma que lles "segue custando" chegar ás persoas de máis de 50 anos.

Carlos Mella tamén denunciou que a pandemia provocou "a discriminación no ámbito máis próximo". Segundo explicou, moitas persoas ao non dispor doutros lugares para ser libres, "téñense que meter no armario 24 horas", o que provoca que se ve afectada a súa saúde mental.

A importancia da psicoloxía na atención sociosanitaria é outros dos puntos que sitúan como "prioritarios" por parte a asociación. No ano 2020 producíronse 48 incidentes de odio, 41 deles con agresións físicas e insultos, ademais de destrución do patrimonio, como bancos pintados coas cores da bandeira LGTBI.

Os obxectivos que se marcan desde o observario é estar máis presentes na educación e no rural, ademais de conseguir pisos nos que poidan convivir persoas migrantes LGTBI. Grazas a un 'crowdfunding', Ás A Coruña inaugurou un local na rúa Cardeal Cisneros ao que poden asistir todas as persoas que necesiten axuda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta